Lugo 24 de xuño de 2014.- Logo da sesión plenaria provincial celebrada hoxe e na que se debateu unha moción sobre o cuartel de San Fernando, o GPP insistíu e deixou claro, en primeiro lugar, que este edifico é propiedade do Concello de Lugo polo que o lamentable estado que presenta é responsabiliade de López Orozco.
Os populares lembraron os acordos establecidos no mes de outubro de 2013, na reunión do Consello económico e social, e insistiron en que dito Consello foi convocado polo propio José López Orozco e forman parte do mesmo, os grupos municipais (políticos, sindicatos, universidades, empresarios). Asemade, recordaron os populares, que aquí adoptouse unha folla de ruta para executar as obras de conservación e mantemento do cuartel.
Manifestou o GPP que co feito de hoxe no pleno provincial, Gómez Besteiro demostrou que desoe os acordos e compromisos que se acordaron en dito consello e que desautoriza o rexedor de Lugo xa que se comprometeu a constituir a comisión de seguimiento e non fixo nada.
Asemade, o grupo provincial popular afirmou que se o Cuartel de San Fernando está nesta situación tamén se debe a épocas do Bipartito ao fronte da Xunta de Galicia, porque cando estaba para adxudicar a obra do auditorio no cuartel (proxectada e licitada a construcción) foi paralizada a adxudicación polo BNG (concretamente en marzo de 2007) no Goberno de Touriño.
Deixaron claro os populares que a Xunta de Galicia non renunciou ao desenvolvemento do proxecto en dito cuartel e lembraron que a Administración Autonómica investíu dende o ano 2008 máis de 630.000 euros entre labores de protección e conservación, honorarios e redacción do proxecto básico e da súa execución.
O GPP concluíu insistindo en que se o Cuartel de San Fernando se atopa neste estado é culpa do Concello de Lugo e manifestaron que se o bipartito xestionara como é debido hoxe teríamos o auditorio feito no cuartel.