Lugo, 13 de xuño de 2014.- Os populares manifestaron esta mañá durante o transcurso da sesión plenaria que o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, mente xa que a documentación oficial refrenda que o socialista cuadriplicou a débeda. O endebedamento pasou dos 10,7 millóns en 2007 aos 39,72 millóns no 2013.
Deste xeito, o GPP lembra que co PP na Deputación cada lucense tería que poñer 30,31 € para saldar a débeda, mentres que con Besteiro cada veciño tería que achegar 114,80 € . “Estamos a falar dun incremento do 278%” matizaron.
Os populares analizaron tamén que estes datos se dan pese a que o socialista gobernou durante estes sete anos de costas ao 64% dos concellos. “A administración provincial caracterízase por non cumprir as súas competencias de cooperación e asistencia aos concellos, a maiores de atender só aos municipios da súa cor política”.