Partido Popular de Lugo

López Penabad salienta os máis de 3.000 euros que destina a Xunta para actuacións no Polígono de Ribadeo

Ribadeo 23 de xuño de 2014.-O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, salientou as axudas outorgadas pola Administración Autonómica e publicadas hoxe no Boletín Oficial de Galicia para actuacións no polígono industrial de Ribadeo.

 “Trátase dunha axuda por parte da Consellería de Economía e Industria, de 3.583,20 euros, para a implantación dun sistema de xestión de residuos no polígono ribadense”- informou López Penabad, quen engadiu que esta axuda demostra o compromiso do departamento de Francisco Conde co municipio.

O presidente local lembrou que os parques empresariais e as infraestruturas de solo empresarial, creados fai anos e cun alto nivel de ocupación de empresas, van tendo, como consecuencia do tempo transcorrido, determinadas carencias de infraestruturas e novas necesidades en materia de comunicación, enerxéticas ou de adecuación ás esixencias de normas posteriores á súa creación e de servizos comúns de carácter xeral que lles permitan unha actualización permanente fronte aos seus competidores.

Neste senso, o popular afirmou que a  finalidade destas axudas é renovar estas infraestruturas para evitar a súa obsolescencia e habilitar outras novas non previstas na súa orixe, co obxecto de motivar o esforzo común de constante mellora competitiva de oferta de solo empresarial.

“A Consellería de Economía e Industria considera necesario establecer medidas de apoio á actividade económica a través de proxectos de investimento en materia de infraestruturas de instalacións e de servizos ás empresas”- destacou o popular quen concluíu que como medio e instrumento para favorecer as actuacións indicadas, a Consellería que dirixe Francisco Conde considera necesario establecer un programa de axudas encamiñadas á mellora das infraestruturas nos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.