Partido Popular de Lugo

PP tilda de inepto a Suárez Barcia e afirma que non presentou a documentación para recibir axudas para contratar socorristas

Ribadeo 20 de xuño de 2014. O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, tildou esta mañá de inepto ao rexedor de Ribadeo por criticar a xestión da Xunta de Galicia no tocante aos socorristas cando foi él o causante de que Ribadeo non conte con axudas para contratar socorristas.

López Penabad lembra que, a día de hoxe, Suárez Barcia non presentou a xustificación dos gastos da contratación dos socorristas do ano 2013, documento necesario para recibir axudas para esta anualidade,  polo que lle pregunta se vai presentar a documentación ou vai seguir botando balóns fora, culpando a outros da súa ineptitude.

Así as cousas, o popular quere saber si as praias de Ribadeo van a contar con socorristas e  “cando os vamos a ver nas praias”; así coma “si van ser os ribadenses os que paguen este servizo”.

Conclúe o popular afirmando que os veciños de Ribadeo non poden ser vítimas da ineptitude dun goberno nacionalista.