Partido Popular de Lugo

PP pide a Besteiro que done o material médico do antigo hospital San Xosé a organizacións sociais

Lugo a 20 de xuño de 2014.- Tendo en conta que a Deputación de Lugo é a titular do edifico San Xosé e tendo en conta que dito inmoble non está destinado a ningún uso específico e que o material médico está abandonado, a voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, anunciou, esta mañá, que o grupo provincial popular levará ao pleno do vindeiro martes unha moción na que pedirá a Gómez Besteiro que done o material médico do antigo hospital a entidades con fin sociais.

A popular revelou que entre ese material abandonado atópanse camillas, mesas, lámpadas de quirófano, equipos de raios, cadeiras… polo que reclama a elaboración dun inventario, con todos estos instrumentos sanitarios, para estudar que reúnan as condicións necesarias e así doalos a algunha entidade con fin social.

Por último, os populares proporán que, unha vez realizado o inventario co material reutilizable, a Deputación de Lugo inicie os contactos necesarios que permitan que estes instrumentos sanitarios poidan ser adquiridos por unhas ou varias organización sociais.