Lugo 20 de xuño de 2014. O deputado autonómico e ex alcalde de O Incio, Ángel Camino, será o encargado de defender o vindeiro mércores,no pleno do Parlamento de Galicia, unha proposta do seu grupo, para a creación dunha ruta cultural na comarca de Sarria.
Dito itinerario está vinculado á zona arqueolóxica da Serra de Santa Mariña, ubicada nos concellos de Samos, Sarria e O Incio, ao xacemento castrexo de Formigueiros, situado en Samos, ao carón da serra de Santa Mariña, ao Santuario de Santo Eufraxio e á Igrexa do Hospital.
A ruta terá unha lonxitude de 19 quilómetros e empezará no municipio de Samos, en Castroncán, en pleno de camiño de Santiago, para continuar ata a Igrexa do hospital, lugar onde finaliza.
Trátase dunha iniciativa proposta polo grupo popular co obxecto de por en valor as zonas culturais desta comarca e para pedir á Xunta o estudo da declaración como Ben de Interese Cultural do xacemento de Castro de Formigueiros.