Partido Popular de Lugo

GONZÁLEZ BARCIA DESTACOU A IMPORTANCIA QUE TEN PARA A DINAMIZACIÓN DO TECIDO SOCIOECONÓMICO DE BURELA A CELEBRACIÓN DA III FESTA CASTREXA. O EVENTO PRESENTOUSE ESTE MEDIODÍA

Burela, 20 de xuño de 2014.González Barcia, destacou a importancia que ten para dinamización do tecido socioeconómico e para a difusión da cultura castrexa. E fixo unha chamada á participación nesta cita.
O rexedor contou que “o primeiro fin de semana de xullo vamos celebrar aquí, en Burela, a terceira edición da festa castrexa organizada pola asociación de comerciantes, industriais e autónomos da localidade co apoio incondicional do Concello, como nos dous anos anteriores. É unha cita que xa está practicamente consolidada dentro do calendario estival, non soamente no noso concello senón que eu entendo que de toda a comarca e da provincia. Evidentemente supón un atractivo importante para que a xente de fóra veña a Burela gozar dunha celebración que hai outras noutros puntos da nosa comunidade autónoma pero aquí, na Costa, é a única que se celebra destas características, como tal festa castrexa”.
José Mª González Barcia sinalou que “ten unha importancia enorme para a dinamización do tecido socioeconómico e para a difusión da cultura castrexa, xa que xunto co aspecto puramente lúdico e festivo hai tamén arredor e de forma paralela actividades culturais. Polo tanto nós temos que felicitar á asociación de comerciantes, industriais e autónomos polo traballo que están facendo, especialmente no que se refire á organización da festa castrexa. E, por suposto, contarán con todo o noso apoio, exactamente igual que contaron nos dous anos anteriores. De feito este ano tiveron xa unha subvención nominativa, que aparecía nos presupostos do Concello para o presente ano”.
O alcalde animou “a todas as persoas de Burela a que participen caracterizándose nesta festa castrexa, que lle dá unha enorme vida á nosa vila. E tamén animar aos visitantes a que veñan a Burela e a ser posible que o fagan caracterizados. Nós somos conscientes de que esta festa debemos potenciala porque ten un futuro moi prometedor e chegados a esta terceira edición eu creo que o feito de que xa se celebre durante tres días significa a aposta decidida por parte da asociación de comerciantes, do pobo e do Concello para que esta festa dure no tempo”.

Torques
González Barcia tamén se referiu á volta da colección Gil Varela, especialmente o torques de Burela, ás dependencia do Museo Provincial: “teño que dicir que me parece francamente ben e que xa non tiñan que ter saído de alí sinceramente. No seu momento eu dixen, como alcalde e representante de todos os veciños e veciñas deste concello, que o torques de Burela non tiña que ter saído do museo da Deputación Provincial, que era o sitio onde tiña que estar sempre. Polo tanto, tendo isto en conta evidentemente eu creo que agora tampouco é para tirarse flores por parte de ninguén. A Deputación cumpriu co seu traballo, que xa tiña que telo feito, porque este asunto efectivamente é herdado, pero dende o ano 2007 puido terse resolto sen chegar á situación á que se chegou precisamente coa saída da colección Gil Varela, do torques, das dependencias do museo provincial a onde agora parece que van retornar”.
E engadiu: “reiterando unha vez máis que me parece unha boa noticia tamén teño que dicir que ao mellor se tiveran feito as cousas con algo máis de rigor e de celeridade ao mellor aforrábamos cartos, porque tamén hai que dicir claramente que hai persoas que se preguntan se paga a pena pagar tantos cartos para que a colección estea de novo no Museo Provincial de Lugo. Efectivamente hai pezas dun enorme valor, que son as teñen que vir. E aínda aceptando que veña toda a colección, o cal me parece ben, creo que si se chegara a negociar con criterio e con rigor probablemente non íamos gastar os cidadáns desta provincia tantos cartos neste asunto, habendo tantos sitios onde meter o diñeiro”.