Partido Popular de Lugo

PP desconfía da paralización constante nas obras de Marco de Álvare- As Rodrigas

Riotorto 19 de xuño de 2014.- O presidente do PP de Riotorto, Clemente Iglesias, denunciou hoxe que Gómez Besteiro e os seus socios de goberno continúen ríndose e insultando aos veciños de Riotorto, tras paralizar, unha vez máis, as obras na estrada Marco de Álvare- As Rodrigas.

O popular afirma que proba desta paralización vese en que tan só se atopan na zona dous operarios “encofrando e desencofrando” pero sen avanzar na construción e  que fai uns días marcharon dous camións que se atopaban no lugar.

Neste senso, Clemente Iglesias matiza que a Deputación de Lugo achega material a este punto para enganar aos cidadáns, “para darlles a ver que se van a efectuar as obras e sen embargo isto non é así, posto que ditas máquinas non son as axeitadas para desenvolver este tipo de construcións”.

LARA MÉNDEZ, DE PASEO EN RIOTORTO PERO SIN DAR EXPLICACIÓNS DO PARÓN DAS OBRAS

O presidente do PP de Riotorto, Clemente Iglesias, denuncia que a Vicepresidenta 2ª, Lara Méndez, acuda ao concello a facer anuncios cando a Institución na que goberna está incumprindo e ríndose dos veciños.

Instou Iglesias a Méndez a que cando viaxe a Riotorto visite a estrada de Marco de Álvare- As Rodrigas e lle explique aos veciños por qué a Deputación está continuamente a paralizar as obras nesta calzada.