Partido Popular de Lugo

O GPP levará a pleno o plan de mellora de estradas da Deputación sobre o que hai un absoluto descoñecemento

Lugo, 10 de xuño de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular levará a pleno o plan de mellora de estradas presentado en marzo polo presidente da Deputación Provincial, co obxecto de ter unha maior información sobre este programa.

Con este obxectivo, os populares presentarán unha pregunta a través da que se interesarán por diferentes aspectos despois do descoñecemento que existe en torno a este plan tras ser vendido como unha actuación pioneira nos medios.

Pregunta dos populares

A través desta pregunta, os populares queren coñecer o servizo ou sección provincial que leva a xestión do referido plan. A maiores, dende o Grupo Provincial do Partido Popular interésanse polo órgano que nomeou ao director de obra e que persoa e cargo desempeña esta función.

De igual maneira, os populares queren coñecer que órgano aprobou o plan de seguridade e cal nomeou ao coordinador de seguridade; a maiores de preguntar pola persoa e cargo da Deputación Provincial que desempeña a función de coordinador de seguridade.

O estado das estradas provinciais

Os populares consideran necesario o bo desenvolvemento deste plan que responde a unha demanda continuada de alcaldes e portavoces que reivindicaron a necesidade de levar a cabo actuacións de melloras sobre as estradas de titularidade provincial.

En reiteradas ocasións os populares demostraron a través de datos que o actual goberno provincial lucense é o que conserva en peor estado as estradas da súa titularidade.

Daí que os populares trasladen esta pregunta co obxecto de ter maior información e garantir un desenvolvemento transparente do plan.