Partido Popular de Lugo

PP de Monterroso aplaude a apertura do centro de maiores pero insiste en que carece de servizos básicos

Monterroso 5 de xuño de 2014.- A voceira do PP de Monterroso, Pilar Varela, aplaude a posta en marcha dun centro en Monterroso pero insiste en que carece de servizos de residencia.

Pilar Varela afirma que o feito de que o alcalde de Monterroso renunciase a posta en marcha dunha residencia e optase por construír unha vivenda comunitaria trae consigo problemas para todos aqueles cidadáns que teñan en mente facer uso a mesma.

Di a popular que as persoas que non descartaban o acceso deles mesmos ou dalgún familiar a esta infraestrutura van a atoparse con sendas limitacións posto que por moito que intente dicir e manipular o rexedor, unha residencia e unha vivenda comunitaria, non é o mesmo; de feito, as diferenzas entre ambas, son considerables.

UN CENTRO QUE NON SIRVE PARA TODO O MUNDO

Conclúe a popular lamentando que as persoas con graves problemas de mobilidade non poderán ser usuarios deste novo centro, é dicir, desta vivenda comunitaria,  e insiste en que esta nova infraestrutura non conta con servizos de atención xeriátrica, de enfermaría e de asistencia sanitaria integral, nin tampouco, con persoal de atención directa (xerocultor e sanitario) e presenza localizada de médico, ATS ou DUE durante as 24 horas.