A Mariña, 3 de xuño de 2014.- O deputado do Partido Popular de Galicia, Vidal Martínez-Sierra destacou que o paro rexistrado no mes de maio na Mariña lucense presentou un mellor comportamento a nivel mensual e interanual que a media do conxunto da provincia e de Galicia.
Máis en concreto, o mes pasado rematou con 168 desempregados menos, o que en termos relativos se traduce nun -3,09 por cento. En termos interanuais, a baixada foi de 470 persoas (isto é -8,19 por cento).
Trátase dunha baixada superior á rexistrada en maio a nivel provincial, onde a porcentaxe foi dun -2,67% de parados menos e tamén superior que a cifra que se obtivo en Galicia, do -2,48%. É dicir, o paro cae máis na Mariña que no seu contorno directo.
Do mesmo xeito, con respecto ao mes de maio de 2013, o paro baixou en Galicia en -7,20 puntos e na provincia de Lugo nun -7,98%, cifras ambas inferiores ás rexistradas na Mariña.
O parlamentario popular asegurou que todos os esforzos realizados a nivel económico por parte do Goberno de Feijóo e do Goberno de Rajoy están dando os seus froitos, tal e como reflicten as cifras macroeconómicas, especialmente, as que máis preocupan aos populares, que son as do paro. Sinalou tamén que desde que comezou 2014 mes tras mes cae o número de parados rexistrados nas oficinas de emprego da nosa comarca.