Lugo 23 de maio de 2014.- O Partido Popular de Lugo pechará hoxe en Monforte unha campaña electoral durante a que celebrou máis de 170 actos por toda Galicia.
Os populares fan fincapé en que o seu presidente José Manuel Barreiro desenvolveu unha intensa actividade destacando os encontros sectoriais, como o multitudinario acto que tivo lugar en Castro de Rei, que reuníu ao candidato Miguel Arias Cañete con profesionais do medio rural e da pesca, dous sectores claves para a provincia.
Desenvolvéronse tamén diversos foros con emprendedores, empresarios, comerciantes e autónomos que, desdeñados a modo de almorzo informativo serviron para intercambiar opinións, suxestións e debater as propostas electorais con destacados responsables do Partido e do Goberno autonómico como Alfonso Rueda e a candidata Carmen Pardo (na Mariña), Agustín Hernández e Francisco Conde (Monforte) e este último e Rosa Quintana, no foro forestal que tivo lugar en Vilalba.
A campaña electoral que celebrou mítines nas principais vilas da provincia trouxo a Lugo, ademais, ao Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que interveu nos actos electorais de Lugo Cidade e farao hoxe en Monforte. Tamén contou co candidato galego Francisco Millán Mon que visitou Chantada, Cervo, Foz, Castro de Rei e a capital e a candidata Carmen Pardo que estivo en A Mariña.
De cara o vindeiro domingo a mobilización dos populares lucenses é de máis de 2.000 persoas entre interventores e apoderados, cubrindo así, tódalas mesas electorais da provincia
A formación agradece a acollida dos veciños da provincia e simpatizantes tras acadar unha notable mobilización que contrasta co acontecido cos actos promovidos polos partidos da oposición.
Os populares animan á cidadanía a exercer o seu dereito ao voto e combater así a abstención para que outros non decidan polos lucenses e apelan ao voto útil ao PP contra aqueles queren destruír a Unión Europea ou volver ás políticas dos que fixeron de España un problema para a UE.
Esta formación pecha unha campaña intensa con este balance, pero tamén co sabor agridoce de ter que lamentar o asasinato da presidenta do PP de León, Isabel Carrasco.