Partido Popular de Lugo

Llano perdeu unha oportunidade única para rectificar e anunciar que o plan de emprego da Deputación chega a tódolos concellos mariñáns

Lugo 21 de maio de 2014.O Partido Popular lamentou que o deputado provincial socialista, Alfredo Llano, non aproveitara a súa visita á Pontenova para anunciar unha rectificación na política de emprego que está a desenvolver a Deputación de Lugo.

Creen os populares que Llano perdeu unha oportunidade única para cesar na súa marxinación á inmensa maioría dos concellos de A Mariña (todos menos un) cuxos parados non tiveron oportunidade de participar no proceso de selección do Plan de Emprego da Deputación, debido aos criterios excluíntes elaborados polo bipartito provincial.

Os populares lembraron que tanto PSOE coma BNG votaron en contra da petición do grupo popular provincial para que non se discriminase a ningún parado da provincia, en función do lugar onde resida, da posibilidade de optar a este plan.

Conclúe o PP lamentando a marxinación e o castigo que Besteiro está a aplicar a tódolos concellos de A Mariña  sobre todo, tratándose dun asunto tan relevante, no día de hoxe, como é a posibilidade de optar a un posto de traballo.