Lugo 19 de mayo de 2014.- Nun mitin no colexio Menéndez Pelayo e no que interviñeron o voceiro do PP no Senado e presidente provincial, José Manuel Barreiro, o voceiro municipal do PP, Jaime Castiñeira e a edil municipal, Lourdes Yáñez, os populares chamaron a participación e pediron o voto para continuar polo bo camiño.
Ámbolos tres populares alertaron do perigo que suporía votar ao PSOE, xa que de ser así, significaría votar a irresponsabilidade, regresar ao pasado e “botar pola borda” tódalas políticas de avance e recuperación que se puxeron en marcha cos gobernos do PP.
Lembraron Barreiro, Castiñeira e Yáñez que gracias as accións do actual goberno, lideramos neste intre a baixada do paro na Unión Europea e proba disto viuse neste último ano xa que hai 304.892 parados menos, e concretamente neste último mes o paro baixou en 112.000 persoas.
Recordaron os populares que entre os anos 2008-2011 sete de cada dez desempregados da UE xerábanse en España e nembargantes no último ano unha de cada tres persoas que abandonan o desempleo fano en España.
VOTAR AO PP É VOTAR Á RESPONSABILIDADE
Foi o voceiro municipal, Jaime Castiñeira quen centrou a súa intervención nun termo máis local, facendo referencia ao desgoberno de López Orozco e insistiu na importancia de contar con políticas responsables.
“Ser responsable é sentarse a dialogar con López Orozco para aumentar o investimento social en persoas, para propoñer algunhas das obras e melloras que nos pedides día a día para os vosos barrios e as parroquias”- manifestou Castiñeira, quen engadíu que ser responsable é paralizar a construción das tres torres de nove alturas nos terreos da estación de autobuses que querían levantar Orozco e o candidato socialista ás europeas Pepe Blanco.
Insistíu o popular en que ser responsables “é abrir os ollos ao goberno para conseguir que coa nosa presión deran marcha atrás á empresa mixta da auga que multiplicaba por tres o prezo dos recibidos”- lembrou.
OS POPULARES SOMOS POLÍTICOS RESPONSABLES, OS SOCIALISTAS SON RESPONSABLES POLÍTICOS
Ámbolos tres populares manifestaron que “mentras nos somos políticos responsables, outros son responsables políticos” e lamentaron que os socialistas recurran ao pasado para esconder o seu presente e así ocultar que non teñen futuro.
Concluiron Barreiro, Castiñeira e Yáñez afirmando que “no PP estamos orgullosos do noso presente e non renegamos do noso pasado, que é a mellor garantía de caro ao futuro de Galicia, de España e de Europa”- e engadiron, que ao igual que Feijóo en 2009 e que Rajoy en 2011, Arias Cañete será quen lidere a senda do cambio en 2014.