Lugo, 19 de maio de 2014.- O cabeza de lista do PP para as eleccións europeas estará mañá na nosa provincia.
Ás 16:45, en Val do Sonos, no concello veciño de Castro de Rei, Miguel Ángel Arias Cañete participará nun encontro con representantes do sector agrogandeiro, forestal e pesqueiro.
Entre outros representantes políticos de toda a provincia de Lugo, no acto estarán presentes: a Conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, o voceiro do PP no Senado e presidente provincial, José Manuel Barreiro, o secretario dos populares lucenses, José Manuel Balseiro e o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado.