Partido Popular de Lugo

Balseiro lamenta que os mestres da crise pretendan agora dar leccións de economía

O Incio 18 de maio de 2014.- “O vindeiro domingo temos dúas opcións: votar aos que nos levaron a miseria ou votar aos que traballamos para que cada cidadán teña un posto de traballo”. Así de contundente foi esta tarde o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, quen alertou de que “ de votar ao PSOE, España regresaría á miseria”.

Nun mitin en O Incio, e no que estiveron presentes a Conselleira do Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, o presidente do PP local, Jose Álvarez e demais representantes políticos da provincia, Balseiro insistiu en que a principal obsesión do Partido Popular é que cada cidadán teña un posto de traballo e rematar coa situación catastrófica e de quebra que deixaron os seus antecesores.

Sen ánimo de ser triunfalista, o popular afirmou que gracias á acción dos gobernos populares, España está indo polo bo camiño e son os feitos e os datos os que reflicten, “malia a non gustarlle a algúns”, que estamos na senda da recuperación.

Neste senso, o secretario xeral do PP de Lugo manifestou que os socialistas están totalmente desacreditados e que “nin teñen a nadie, nin ninguén confía neles” e proba disto viuse en que teñen que recorrer a persoas como Alfonso Guerra.

Balseiro ve lamentable que os mestres da crise se mofen dos cidadáns e tilda de desvergonza as súas declaracións, posto que pretenden dar leccións cando foron os grandes causantes da crise económica.

Neste senso, o popular lamenta que o Señor Blanco se sinta orgulloso de pertencer ao goberno que deixou a España ao borde da quebra e no tocante á Política Agraria Común, ínstao a deixar a demagoxia e a estudar este tema, posto que fala sen coñecemento e cun único obxectivo: mentir e enganar aos representantes do sector agrogandeiro. Lembra Balseiro que gracias a boa xestión do PP,  España recibirá 94 millóns de euros procedentes da Unión Europea para o sector lácteo, dos que, o 50% virán para Galicia.

“Podemos falar dun incremento do 63% para o sector lácteo, pasando de 57 millóns de euros anuais a conseguir 94 millóns de euros ao ano”- afirmou José Manuel Balseiro, quen concluíu que con Arias Cañete “Galicia será a comunidade máis beneficiada polo incremento de fondos que recibirá España para o sector lácteo durante o período 2014-2020”.