Cervo-Foz 17-5-2014.- En sendos mítines en Cervo e Foz, nos que estiveron presentes o candidato galego ás europeas, Francisco Millán, o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda e demáis representantes políticos da comarca, os populares resaltaron a importancia da pesca na comarca de A Mariña e lembraron que con Arias Cañete incrementouse a cuota da pescada.
O voceiro do PP no Senado e presidente do PPdeLugo, José Manuel Barreiro, achacou esta acción á capacidade de negociación e á influencia do ex ministro na Unión Europea, quen, por primeira vez na historia, logrou que, en dúas ocasións e dentro dun mesmo ano, aumentase esta cuota.
O presidente provincial intervindo no mitin en San Ciprián |
Ademais, dixo o líder dos populares lucenses, que con Arias Cañete, conseguiuse unha flexibilización do estrito calendario que se presentaba para a prohibición dos descartes e evitouse que se prohibise as artes de enmalle e arrastre nas pesqueiras de augas profundas.
POLÍTICA COMÚN DE PESCA
Falou o voceiro do PP no Senado e presidente provincial da Política Común de Pesca e afirmou que “deberemos estar atentos á aplicación dos principais contidos da mesma e do seu alcance para Galicia, facendo que a aplicación do Rendemento Máximo Sostible e da progresiva redución dos descartes non afecten de forma negativa á determinación dos TAC e cuotas de pesca”.
Barreiro intervindo no mitin en Foz |
Neste senso, o popular manifestou que Europa ten que ter en conta a dimensión social e económica da pesca ao mesmo nivel que a ambiental, e a diferenza entre as flotas e pesqueiras que se practican no ámbito territorial comunitario, con especial fincapé na consideración das pesqueiras multiespecíficas que realizan os nosos barcos.
Dixo o líder dos populares lucenses que no marco decisorio europeo han de considerar a implicación que para comunidades coma Galicia teñen as políticas de acordos con terceiros países e da necesidade de liderar as tarefas de xestión e ordenación da pesca dentro das Organizacións Rexionais de Pesca.
“Europa debe promover a aplicación práctica dun recoñecemento da pesca costeira artesanal e do marisqueo no Fondo Europeo Marítimo Pesqueiro, así como a consolidación dun apoio económico para a adecuación de artes máis selectivas para avanzar na política de minoración de descartes”- manifestou.
Concluíu Barreiro, que dada a evidencia da importancia da relación entre Europa e Galicia e o seu sector primario, cómpre sinalar que é importante intervir nesta relación e podemos facéndoo votando o vindeiro día 25 de maio ao PP, que demostra, con numerosos exemplos, a capacidade negociadora no marco europeo e o interese e a responsabilidade neste eido sectorial.