Partido Popular de Lugo

Os populares aseguran que Mondoñedo é o claro exemplo de como retrocede unha cidade cun goberno de esquerdas

Mondoñedo 16 de maio de 2014.- Os populares lucenses aseguraron esta tarde durante un mitin celebrado na Casa da Xuventude da localidade que “Mondoñedo é o claro exemplo de cómo retrocede unha cidade cun goberno de esquerdas”.

Os populares corroboraron esta afirmación con datos e explicaron que dende que goberna o bipartito, “Mondoñedo é unha cidade máis cara, máis incómoda, cun incremento do paro no 63% e con menos oportunidades”.

Con este exemplo tan de preto, os populares pediron o seu apoio para un candidato ao que cualificaron de “serio, formado e responsable” e polo tanto, o voto para o Partido Popular “quen mellor defenderá os intereses dos mindonienses e dos galegos en Europa, tal e como ten demostrado”. “É máis importante que nunca que o Parlamento conte con partidos con capacidade de decisión para defender os intereses de España en Europa”.

Así o reiteraron os populares durante o mitin no que participaron a presidenta e portavoz do Grupo Municipal en Mondoñedo a voceira do Grupo Popular na Deputación, Elena Candia; o secretario xeral do PPdeLugo e Secretario da Mesa do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro; o coordinador do programa electoral e portavoz do Grupo Parlamentario Popular de Galicia, Pedro Puy; e o presidente provincial do PP de Lugo e voceiro do Grupo Popular no Senado, Xosé Manuel Barreiro Fernández.

 

A importancia das decisión de Europa para Mondoñedo

Os populares reincidiron na importancia que teñen para España, Galicia e en concreto Mondoñedo as decisións que se tomen en Europa. Deste xeito, “só no 2013, os mindonienses recibiron preto dun millón de euros de fondos europeos para a PAC”.

Así, deste xeito os populares lanzaron o seu compromiso con Mondoñedo, para a posta en valor dos seus recursos como son os turísticos e os forestais. Dous sectores, matizaron os populares, “que dependen de maneira moi directa de Europa, ao recibir fondos para o seu desenvolvemento”.

O compromiso popular con Mondoñedo

En concreto, Candia quixo agradecer os compromisos do goberno popular con Mondoñedo a través de actuacións como 7,6 millóns de euros para solucionar os problemas das escorrentías; ou o avance nas concentracións parcelarias locais.