Monforte 16 de maio de 2014.- Nun almorzo informativo en Monforte e no que participaron máis de 150 representantes do eido empresarial, o PP de Lugo destacou a importancia do sector empresarial como motor da economía.
Destacaron a importancia nun cambio de cultura empresarial para lograr unha maior competitividade, que se basea en tres pilares fundamentais: innovación, emprendemento e internacionalización.
A encargada de inaugurar o acto foi a presidenta do PP local, Julia Rodríguez, quen describíu o almorzo informativo coma un lugar de debate e aportacións de ideas para solventar inquedanzas.
VICESECRETARIO XERAL DO PPDEG E CONSELLEIRO DE MATI, AGUSTÍN HERNÁNDEZ
O vicesecretario xeral do PPdeG e Conselleiro de MATI salientou o compromiso da Xunta con Monforte e anunciou o inicio das obras de conexión entre o Porto Seco coa LU-933.
Agustín Hernández dixo que está previsto que o vindeiro mes de xullo se inicien as obras de conexión entre o Porto Seco coa LU-933 para que sexan unha realidade a finais do ano 2015.
Trátase dunhas obras de 1.650 metros, que contarán con catro viadutos, tres sobre vías existentes e outro sobre o regato Rioseco e para as que a Consellería destina un orzamento de 6,2 millóns de euros.
O Conselleiro insistiu en que a primeira fase do Porto Seco de Monforte é un claro exemplo do compromiso da Xunta de Galicia con esta localidade e lembrou que esta estrada precisou tamén dun investimento de preto de un millón de euros no proceso expropiatorio.
OUTRAS ACTUACIÓNS PREVIAS
Lembrou o titular de MATI que o Instituto Galego de Vivenda e Solo investiu preto de 6 M€ para facer realidade a primeira fase do Porto Seco de Monforte e reiterou en que están a dispor de todos os 54.000 metros cadrados, repartidos en 13 parcelas, cunha plataforma intermodal.
COMPROMISO COA PROVINCIA DE LUGO
Agustín Hernández manifestou que o compromiso da Xunta coa provincia lucense é unha realidade e proba disto vese nos Orzamentos da Xunta de Galicia deste ano xa que Lugo é a provincia que conta co maior investimento por cápita e é a segunda con máis investimento per cápita en materia de infraestructuras.
No caso concreto de Monforte, o titular de MATI dixo que esta aposta visualizase nos preto de 12 M€ que consigna nos orzamentos de 2014 para o desenvolvemento de distintos proxectos na zona, entre os que destacan, os 7,97 M€ que se destinarán neste exercicio á Vía de Altas Prestacións Sarria-Monforte ou os 3,55 M€ presupostados para as conexións do Porto Seco, dúas infraestructuras que supoñen un investimento global de máis de 100 millóns de euros.
Concluíu Agustín Hernández afirmando que este conxunto de actuacións demostran o pleno compromiso do Goberno galego co desenvolvemento desta comarca, da provincia de Lugo e do interior de Galicia.
CONSELLEIRO DE ECONOMÍA E INDUSTRIA: FRANCISCO CONDE
O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde insistiu en que Monforte ten que estar no mapa de futuro da Galicia de 2020, nas iniciativas de innovación, emprendemento e internacionalización e afirmou que un dos grandes retos da Xunta de Galicia é que a cidade de Cabe se sitúe no marco da maior competitividade.
Asegurou Francisco Conde que Monforte ten un oco neste eido polo que os empresarios teñen que implicarse e alertou de que a UE non vai a financiar grandes infraestruturas polo que o esforzo está na innovación e que para isto en Galicia mobilizarase unha cifra histórica: 1.600 millóns de euros.
En referencia ao Porto Seco, o titular de economía afirmou que “levamos o porto seco na axenda alá por onde vamos e desenvolvemos todo tipo de misións que dende o IGAPE podemos desenvolver cos empresarios monfortinos”.
Dixo Francisco Conde que o Porto Seco de Monforte é un no loxístico moi importante tanto para a localidade como para o resto de Galicia e que dende a Xunta “vamos a levar a cabo todo tipo de iniciativas para atraer tecido empresarial e que dende as administracións se lle de contido para pasar de potencial a realidade”.
Rematou Francisco Conde animando aos asistentes a presentar iniciativas para atraer tecido empresarial para que dende as Administracións se lle de contido e pasen de ser potencial a realidade e anunciou o desenvolvemento dun Foro de Loxística e Transporte para os segundo semestre do ano con dimensión internacional.
VOCEIRO DO PP NO SENADO E PRESIDENTE DO PP DE LUGO, JOSÉ MANUEL BARREIRO
O voceiro do PP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro salientou a colaboración da Xunta de Galicia coa provincia lucense e con Monforte e salientou que multiplicou os apoios dende o punto de vista das infraestruturas e no eido financeiro-económico.
Manifestou Barreiro que estamos “pouco a pouco” recuperándonos da crise económica e insistiu en que non podemos entender o momento se non sabemos de onde vimos.
Concluíu o popular que as políticas do PP son efectivas e afirmou que se queremos manter estas políticas de progreso e recuperación temos que acudir o vindeiro día 25 as urnas e votar ao populares para seguir na boa dirección.