Partido Popular de Lugo

PP ironiza coas promesas do PSOE en A Fonsagrada

A Fonsagrada 14 de maio de 2014.- O voceiro do PP en A Fonsagrada, Tobías Martínez ironizou esta mañá coa presenza de representantes do PSOE en A Fonsagrada para non perder as súas costumes e prometer accións futuras que pasados os comicios quedan en papel mollado.

“Chegan as eleccións e con elas as promesas dos socialistas A Fonsagrada”- lamentou Tobías Martínez, quen criticou que veñan a dicirlle aos cazadores que a Lei de caza non se adapta á comarca e nembargante se neguen a dar solucións aos problemas que poidan xurdir pola aplicación das leis.

Neste senso o popular denunciou que se construíse unha sala de despece para permanecer arestora pechada, máis aínda cando se agardaba que fose un centro dotado e preparado.

Critica Tobías Martínez, que os que gobernaron en tódalas Administracións e onde nada fixeron en materia de caza, veñan agora, en eleccións, a criticar sen dar ningunha solución e lamenta que sexa esta unha tradición que caracteriza a este partido; de aí que ninguén os tome en serio.

SALA DE DESPIECE, UNHA PROMESA INCUMPRIDA

O voceiro do PP en A Fonsagrada lembra que nas pasadas eleccións municipais, o PSOE proclamou a bombo e platillo a construción dunha sala de despece para a caza, onde se dixo que sería para contribuír a un mellor aproveitamento e comercialización das especies cinexéticas; de tal maneira que se podía sacar ao mercado ditas especies cunha orixe de garantía e para iso había que posuír un certificado que avale a calidade do produto.

Di Tobías Martínez, que dito certificado só se podía sacar si había a sala de despece e denuncia que o edificio se construíra e leve máis dun ano pechado, e sobre todo agardando a ser dotado e preparado, para o cal foi construído.

Agarda o popular que esta sala de despece non teña o mesmo fin que as piscinas, a aula verde, ou a área recreativa de Donas aínda que teme que volverá a ser vendido uns quince días antes das próximas municipais. “Algo parecido ao polígono industrial: nunhas eleccións estábase facendo o estudo en outras o proxecto e nas seguintes a compra de terreo, e agora xa din que no é importante”- lembrou Tobías Martínez quen achaca estes “vaivéns” aos xenes socialistas.