Lugo 14 de maio de 2014.- Os populares na Deputación de Lugo úrxenlle ao actual goberno provincial, presidido por José Ramón Gómez Besteiro, unha solución para o desconxestionamento do tráfico que soporta a vía do litoral de Barreiros durante os meses de verán.
Os populares explican que esta estrada de titularidade provincial se quedou “obsoleta” e, polo tanto, “moi estreita”, para a importante afluencia de vehículos que soporta, especialmente nos meses de verán, ao ser a vía que comunica entre si as praias de Barreiros e incluso coa das Catedrais.
Os populares trasladaron esta petición á Deputación durante unha rolda de prensa celebrada esta mañá en Barreiros e na que participaron a voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, xunto aos deputados Jesús Novo, José Manuel Yanes Ginzo; ao alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, e ao presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad.
O PSOE e o BNG desbotaron unha solución do PP na Deputación
Polo tanto, os populares explicaron que “atopámonos ante un importante problema cuxa solución sería unha aposta clara pola costa lucense”.
Neste senso, a voceira do GPP na Deputación, Elena Candia, lembrou que a solución podería pasar polos proxectos aprobados polo anterior goberno do PP na Deputación de Lugo, e que o PSOE e o BNG decidiron desbotar “pese a darlle un remedio aos problemas do tráfico, e desconxestionar así o acceso á praia”.
Segundo explicaron os populares, os proxectos populares para a vía do litoral de Barreiros incluída un trazado alternativo que “permitía separar cara atrás o tráfico rodado das praiais”, e que, deste xeito, “a actual estrada se convertese nunha vía secundaria a modo de paseo ou carril bici”.
A maiores, os populares lamentan que coa súa actitude, a Deputación Provincial de Lugo perdeu un investimento para o concello de Barreiro de máis de 2,1 millóns de euros.
Antecedentes
Así, dunha maneira máis concreta, Candia explicou que o PP na Deputación de Lugo e en Xunta de Goberno de 11 de maio de 2007, adxudicara a obra Barreiros.- C.P. Litoral (tramo entre prolongación Trabada-Barreiros N-634), durante catro quilómetros, por un importe de 943.308,85.
A maiores tamén en Xunta de Goberno de 1 de xuño de 2007, o PP na Deputación aprobara os expedientes de contratación das seguintes obras: Barreiros.- Vía litoral, tramo enlace entre C.P.06-01 e C.P.06-01, p.k. 0,000 a 1,965, por un importe de 552.016,69 euros; e Barreiros.- Vía litoral, tramo enlace entre C.P. 06-03 e límite municipal p.k. 0,000 a 2,270, por un importe de 634.843,78 euros.
Con José Ramón Gómez Besteiro na Deputación non se continúa con estes proxectos
O caso concreto de Ribadeo
Os populares explican que a solución para o problema do tráfico no entorno a praia das Catedrais pasaría tamén por que estes proxectos se levasen adiante.
Do mesmo xeito, os populares lembran que en Xunta de Goberno de 25 de maio de 2007, co goberno popular na Deputación, se aprobou o expediente para a contratación da obra Ribadeo.- Altar-Reinante-Los Castros, p.k. 10,019 a 11,419, por un importe de 455.532. Gómez Besteiro, unha vez máis, decidiu desbotar este proxecto e aglomerar só unha parte do tramo, deixando sen arcén o vial; que comunica a praia das Catedrais.
Críticos coa xestión da Deputación
Polo tanto, os populares amosaronse criticos coa xestión da Deputación en materia de estradas pese a manexar dende o 2007 máis de 129 millóns para reparacións ou novas infraestruturas. Feito que evidencia, que “é a falta de interese do goberno provincial , e non a orzamentaria, a que impide que saian adiante proxectos demandados polos lucenses”.
Deste xeito, os populares presentarán iniciativas plenarias nos respectivos concellos, co obxecto de demandarlle unha solución á Deputación.