Partido Popular de Lugo

O PP explica en Pol a importancia das europeas e pide o voto para Cañete, “o candidato idóneo para representarnos”

Pol, 14 de maio de 2014.- Logo de participar nun mitin en Becerreá, o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro acudíu ao Concello de Pol para participar noutro mitin.

Balseiro explicou a importancia destas eleccións europeas e pedíu o voto para Miguel Arias Cañete, “o candidato idóneo para representar a todos os españois en Europa”.

O popular afirmou que existen numerosos exemplos da capacidade negociadora no marco europeo e do interese e responsabilidade do PP en tódolos eidos e, concretamente, no sectorial.

“Temos a decisión de manter os fondos da PAC”- lembrou o popular, quen insistíu en que esta reforma, xunto coa obtención de fondos e a orientación da UE cara a medidas de apoio ao lácteo, foi grazas ao Goberno do PP.

O secretario xeral do PP de Lugo manifestou que “non podemos permitir que outros decidan por nos” e animou aos asistentes a votar ao Partido Popular para seguir polo bo camiño e peregrinar na boa dirección.

“Non é o mesmo que gobernen uns que outros, necesitamos un aliado forte no Parlamento Europeo e ese partido é o Partido Popular”- afirmou Balseiro.

Concluíu o popular asegurando que precisamos máis ca nunca dun Grupo Parlamentario Popular forte na Eurocámara, “por iso queremos o apoio para o Partido Popular nas Eleccións Europeas de 2014”- finalizou.