Partido Popular de Lugo

Balseiro: “Nos optamos por unha política seria e de solución; outros por unha política de escaparate e postín”

Becerreá 14 de maio de 2014.- “O noso partido aposta por unha política rigurosa e seria, pensada en solventar os problemas dos cidadáns; outros optan por unha política irrisoria, de escaparate e postín”. Díxoo esta tarde o secretario xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, nun mitin en Becerreá, quen manifestou que o vindeiro día 25 de maio temos dúas opcións: “votar ao partido do progreso e da solución (PP) ou votar a quen promete o que nunca fai, e deixa os lugares por donde pasa ao borde do precipicio”.

No centro social deste Concello de A Montaña e ante numeroso público, José Manuel Balseiro fixo un percorrido polas numerosas accións levadas a cabo polos gobernos do PP, dos que dixo facer, xestións serias e rigurosas, a diferencia dos socialistas, cuxa última proba de política de postín se víu reflectida o pasado domingo nun concello da Montaña lucense, onde a delgaciónd o PSOE se adicou a falar de política cinexética e a prometer, cando os seus compromisos nesta materia se viron incumpridos.

Falou o secretario dos populares lucenses da Política Agraria Común, unha reforma que calificou de moi positiva para sectores clave en España.

Salientou Balseiro que Galicia mantén o nivel de fondos europeos da PAC que viña percibindo no período 2007-2013: tanto no caso das axudas directas ás explotacións agrícolas e gandeiras, como nas axudas correspondentes ao desenvolvemento rural, o que suporá para o medio rural galego unha inxección anual de 340 millóns de euros e unha inxección total de 2.380 millóns nos próximos sete anos.

“A comunidade galega ve satisfeitas as súas expectativas na negociación das axudas da PAC”- manifestou Balseiro, quen argumentou que mantemos a nosa posición de reparto; blindamos o importe percibido no período anterior cunha lixeira alza; empézase a ligar a percepción das axudas directas a aqueles agricultores que realmente viven da agricultura; e priorízanse aos sectores gandeiros, e dentro deles ao sector lácteo.

Lembrou o popular que no novo período, o sector lácteo sairá reforzado dentro das produción acopladas, pasando as axudas actuais dos 57 millóns de euros aos 93,6 millóns de euros, incrementándose así, nun 63%.

José Manuel Balseiro asegurou que o sector agroalimentario, malia as dificultades que atravesou os últimos anos, atópase nun momento de auxe, reforzando a súa vocacións exportadora e demostrando que ten capacidade para medrar e consolidarse coma un sector económico fundamental para o noso país.

“Para superar a negativa situación de partida que atopamos ao chegar ao Goberno, foi preciso un cambio completo de rumbo, unha defensa seria e eficaz dos nosos intereses, e un liderazgo claro nas negociacións comunitarias”- manifestou o popular, quen concluíu a súa intervención pedindo o voto para o PP, o partido do futuro e que vela polos intereses de todos.