Partido Popular de Lugo

Os populares lucenses lembran que con Cañete subiron un 15% de media as cotas pesqueiras

A Mariña 10 de maio de 2014.- Os populares lucenses lembraron esta mañá que con Miguel Arias Cañete subiron un 15% de media as cotas pesqueiras. Así o puxeron de manifesto no contexto das actividades celebradas no día de hoxe na Mariña e na que xunto ao secretario xeral do PP, José Manuel Balseiro, estivo presente a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana.

No encontro que os populares mantiveron co sector pesqueiro en San Ciprián, no que tamén participou o deputado nacional, Joaquín García Díez; os representantes do PP amosaron a aposta clara do goberno autonómico por “unha política que garanta o futuro do sector,  que permita organizar a actividade e obter maiores beneficios por desenvolvelas, sendo a maiores positiva para os portos”.

En concreto, Rosa Quintana puxo de manifesto o aumento dun 230% das vendas de xarda realizadas en Galicia pola flota do litoral, e que permitiu tamén ampliar a campaña de pesca para as embarcacións.

Deste xeito, os populares reiteraron que con Miguel Arias Cañete as cotas subiron un 15% de media e deberá informarse, recalcaron, de que a Mariña, está a favor deste sistema de reparto de cotas. Dende o PP lucense explican que dende a provincia viron como a cota da pescada, a principal especie que se captura, aumentou un 50% para este último ano.

Deste xeito, os populares pediron que non se volva a dar leccións de xestionar e apoiar ao sector “por que para iso hai que coñecelo e non se coñece” e neste contexto os populares tamén quixeron responder ás declaracións do ex ministro e actual candidato socialista, José Blanco.

Reunión coa cooperativa dos Irmandiños

Os populares defenderon as xestións de Arias Cañete tras manter un encontro co Consello Rector da cooperativa dos Irmandiños, durante o que estiveron acompañados de mozos populares como mostra do apoio de Novas Xeracións e da xuventude popular ao sector primario, que se pode converter nunha importante fonte para a incorporación dos mais novos ao rural.

Así en relación ás declaracións de Blanco, os populares esperan que cando se fala de cambios nos criterios da PAC “non signifique volver ás propostas de Zapatero, xa que as súas propostas suporían volver a unha taxa plana de 100 euros por hectárea e a perda dun 70% do que agora van a percibir gandeiros e agricultores galegos”.

Nesta área, os populares salientaron que por primeira vez se inclúe un criterio de agricultor activo que supuxo adaptar as axudas a quen realmente desenvolve a actividade.  “Dos socialistas nunha se escoitou unha proposta seria salvo unha difusa da agricultura activa, bastante lonxe do que hoxe temos”, recalcaron dende o PP, que se preguntan, -coñecida a opinión de Blanco  sobre os terratenentes-, polo que pensará o socialista sobre a circunstancia de que a Junta de Andalucía, – onde goberna o PSOE-, perciba importantes rendas polas terras.

En conclusión, os populares lembran a Blanco que España xa mudou en 2011 ao estar a cambiar “o que eles nos deixaron”, así dende a chegada de Arias Cañete mudou a PAC co obxecto de solventar  a situación negativa cara a que “nos dirixía a negociación de Zapatero”.