Outeiro-Castro de Rei, 10 de maio de 2014.- A Terra Chá foi hoxe o lugar elexido polo voceiro do PP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, para facer campaña.
![]() |
José Manuel Barreiro intervindo no mitin de Outeiro de Rei |
Se pola mañá presidíu un almorzo informativo en Vilalba, pola tarde-noite, estivo en Outeiro de Rei e Castro de Rei, onde participou nos correspondentes mítines.
Tanto en Outeiro coma en Castro, concellos cun gran potencial agrícola e gandeiro, Barreiro insistíu en que a Política Agraria Común fortalecerá o sector productor e reforzará a vertebración do sistema agroalimentario.
![]() |
Mitin Castro de Rei |
Criticou o popular a nula e nefasta xestión levada a cabo polos socialistas no tocante a Política Agraria Común e agarda que as propostas que pregonan agora non sexan referentes ás pasadas, que foi optar por unha taxa plana de 100 euros por hectárea, o que suporía perder o 70% do que agora van a percibir gandeiros e agricultores galegos.
Salientou o popular que por primeira vez se inclúe un criterio de agricultor activo, que supuxo adaptar as axudas a quen realmente desenvolve a actividade, e afirmou que dos socialistas nunca se escoitou ningunha proposta seria, agás unha proposta difusa de agricultura activa, bastante afastada do que hoxe temos.
Concluíu o líder do PP lucense que gracias á chegada de Arias Cañete cambiou a PAC pero para arranxar “a desfeita” feita polo goberno de Zapatero, e mostrouse seguro de que o sector lácteo sairá reforzado dentro das producións acopladas, pasando as axudas actuais dos 57 millóns de euros aos 93,6 millóns de euros, incrementándose así, nun 63%.