Lugo, 9 de maio de 2014.- Logo de ser coñecedores das declaracións dos socialistas sobre a habilitación de paneis para a pegada de carteis en Barreiros, o PP de Lugo sae a palestra e achácaas a furor socialista de denunciar a bombo e platillo accións que demostran o seu total nerviosismo e desesperación.
En primeiro lugar, os populares queren informar que o socio de goberno do PSOE en Monterroso privou aos veciños de desenvolver o tradicional acto como é a pegada de carteis, algo que os socialistas non dixeron. Ironizan os populares que pode ser por dous motivos: por non ser coñecedores ou porque non lles interesa.
O PP ve lamentable que os socialistas denuncien unha acción sen ser coñecedores de cal foi o motivo e máis cando en concellos do PSOE fixeron algo semellante.
Explican os populares que en Barreiros non se colocaron os paneis por cuestión de emerxencia, xa que os operarios municipais tiveron que facer fronte a sendas urxencias.
Cree o PP que o feito de denunciar algo alleo, cando na súa casa acontece o mesmo, e sen dar explicacións, débese a nula coordinación co seu homólogo en Monterroso e lembran que na colocación de paneis non se ganan as eleccións senón que se ganan levando a cabo exercicios de responsabilidade e de boa xestión, algo que eles descoñecen.