Chantada, 9 de maio de 2014.- O voceiro do PP no Senado e presidente do PP de lugo, José Manuel Barreiro, pedíu esta tarde o voto para o PP, “o único partido capaz de defender os intereses dos chantadinos na UE”.
Nun mitin en Chantada, e no que estivo presente o candidato galego ás europeas, Francisco Millán, a voceira do PPdeG, Paula Prado, o secretario dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, e demáis representantes políticos da provincia, José Manuel Barreiro, instou a tódolos asistentes a participar e a acudir o vindeiro día 25- M ás urnas, para elexir ao único partido capacitado para representarnos en Europa.
Barreiro animou a votar ao PP, ao Partido que, con medidas axeitadas e co esforzo de todos, logrou que “estemos saíndo dun pozo ao que caímos por culpa do PSOE” e afirmou que temos que seguir así, no bo camiño e na boa dirección e non podemos permitir que outros decidan por nos.
Por outra banda, o presidente do PP local, Javier Medela, aproveitou o acto para felicitar a Mariano Rajoy polo nomeamento de Isabel García Tejerina, da quen dixo ser unha gran coñecedora da Ribeira Sacra, e lembrou que él mesmo a invitou a leer o pregón na Feira do Viño de Chantada no ano 2003.
Medela pedíu ao candidato galego a velar polos intereses dos galegos e dos españois para que se convertan en intereses de toda Europa e “xa que estamos nunha comarca agraria por excelencia, pídoche que veles polo noso sector leiteiro e vitivinícola, do cal depende a vida”- manifestou.
Concluíu Javier Medela lembrando que neste momento, no que se empezan a ver signos de recuperación é cando máis valentía precisamos e “por iso pido valentía e valentía é, votar a este partido, ao PP”- finalizou.