Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo reunirá a máis de 400 representantes do sector forestal e comunidades de montes da provincia este sábado en Vilalba

Lugo 8 de maio de 2014.- O PP de Lugo reunirá este sábado en Vilalba a máis de 400 representantes do sector forestal procedentes de todos os concellos da provincia ao obxecto de participar nun almorzo informativo que, presidido por José Manuel Barreiro, contará coa presenza dos conselleiros de Medio Rural, Rosa Quintana e de Economía e Industria, Francisco Conde.

Os populares convidaron a profesionais do ámbito da corta, transformación e comercialización da madeira e dos seus derivados, empresas de biomasa e representantes das comunidades de montes de todos os concellos lucenses. O acto, que se iniciará ás 9,30h no Hotel Villamartín está enmarcado dentro do calendario previsto para a campaña electoral de cara ao 25 de maio.

Desde o Partido Popular de Lugo consideran que os distintos aproveitamentos dos nosos montes (madeira, biomasa e outros produtos forestais) constitúen un ámbito estratéxico para a nosa provincia que debe ser potenciado desde Europa. De feito a nosa é a provincia lucense con maior superficie forestal arborada e unha das que mellores exemplos de ordenación e xestión forestal ofrece.

O acto iniciarase cunha intervención inicial a cargo de José Manuel Balseiro, secretario xeral provincial dos populares lucenses e portavoz de Montes do Grupo Parlamentario Popular. Despois será a quenda dos representantes do a Goberno galego, Rosa Quintana, presentada por Joaquín García Díez, e despois Francisco Conde, presentado por Agustín Baamonde. Tras un saúdo do alcalde de Vilalba, Gerardo Criado o discurso de peche corresponde ao a presidente provincial e portavoz do Grupo Popular no Senado, José Manuel Barreiro.

Os populares queren que sexa un almorzo participativo, onde tras o relatorio inicial dos ponentes haberá unha quenda de preguntas, aberta ás suxestións dos representantes do sector convidados.