Partido Popular de Lugo

Barreiro abre a campaña facendo un chamamento á mobilización

Lugo 8 de maio de 2014.- O voceiro do PP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro abriu a campaña electoral na capital lucense facendo un chamamento á mobilización para combater a abstención.

Na tradicional pegada de carteis, no templete da música da Praza Maior e acompañado polo voceiro municipal do PP no Concello lucense, Jaime Castiñeira e demáis autoridades políticas lucenses, Barreiro fixo un chamamento aos populares a mobilizar ao electorado nestas eleccións que son cruciais para o futuro de todos.

O popular insistiu en que estas eleccións son claves para os países membros e a súa influencia en tódolos cidadáns europeos, xa que nelas decídese o futuro de España, Galicia e Lugo.

“O Parlamento Europeo que se configure tralas eleccións do 25M será clave para os intereses dos cidadáns no seu día a día”- dixo Barreiro, quen insistiu en que por esa razón é moi importante que conte con Partidos con capacidade de decisión para defender os intereses de España en Europa.

Arias Cañete, o mellor candidato

Destacou Barreiro a experiencia e traxectoria do cabeza de lista, Miguel Arias Cañete, a quen definiu coma o mellor candidato e o idóneo para defender os intereses dos españois na Unión Europea.

Miguel Arias é quen reúne os requisitos clave” dixo Barreiro, de quen resaltou a súa experiencia e traxectoria política.