Barreiros 2 de maio de 2014.- O Asador de Barreiros acolleu esta mañá un acto do PP de Lugo de cara aos comicios electorais do 25-M. Nun almorzo informativo, os populares lucenses reuniron a preto de 200 representantes do mundo empresarial, do comercio e do sector pesqueiro.
Entre outros representantes políticos da provincia, estiveron presentes o secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, a candidata ás eleccións europeas, Carmen Pardo, o presidente provincial e voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro e o secretario xeral dos populares lucenses, José Manuel Balseiro, quenes destacaron a importancia de apoiar ao PP o vindeiro 25 de maio para que a recuperación de España continúe.
APOIO AO SECTOR PESQUEIRO
Entre outros temas, os populares deron conta da importancia do sector pesqueiro na comarca e manifestaron que a pesca é una prioridade para o Partido Popular, polo que resaltaron as decisións apoiadas por España nesta materia, que lograron conseguir una política pesqueira europea beneficiosa para o país, que garantise a sostenibilidade desta actividade.
Lembraron os populares a aprobación dos regramentos da nova Política Pesqueira Común en condicións favorables para España, liderando as negociacións da reforma e garantindo a actividade da flota e consideraron vital que os intereses españois no Parlamento Europeo sexan defendidos por grupos cohexionados e con poder de negociación, que inclúan eurodeputados expertos en pesca.
Cerrou o acto, o presidente provincial e voceiro do PP do Senado, José Manuel Barreiro quen afirmou que para que a recuperación de España continúe é necesario que o PP conte cunha ampla maioría o 25-M e instou aos españois a apostar por partidos fortes e candidatos preparados para lograr un Partido Popular Europeo potente.
Resaltou Barreiro o papel de Miguel Arias Cañete, a quen definiu como “o candidato máis preparado e que mellor coñece as institucións europeas grazas aos seus anos de traballo como eurodeputado e ministro”.