Partido Popular de Lugo

Vidal Martínez-Sierra defende as medidas de recoñecemento profesional, loita contra o intrusismo e apoio directo ao colectivo de redeiras impulsadas polas administracións populares

Santiago, 30 de abril de 2014.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular Vidal Martínez-Sierra defendeu hoxe, no seo da Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia, as medidas de recoñecemento profesional, loita contra o intrusismo e apoio directo ao colectivo das redeiras que están a ser impulsadas polas administracións populares.

O parlamentario sinala que a Xunta de Galicia vén demostrando a súa sensibilidade e apoio a estas profesionais que se dedican á confección e reparación de redes e outros aparellos, incorporando gran parte das súas peticións aos plans de actuación da administración autonómica e estatal, a diferenza do que acontecía co PSOE no Goberno, onde estas reivindicacións atopábanse coa total indiferenza.

CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

Así por exemplo, Martínez-Sierra explicou que no ámbito da cualificación laboral a Consellería de Traballo e Benestar ten entregado só en Galicia máis de 240 certificados de profesionalidade que recoñecen e acreditan a experiencia profesional destas traballadoras e elaborado as propostas normativas específicas para outorgar este documento oficial.

Por outra banda o deputado salientou a posta en marcha dun plan específico da inspección laboral de loita contra o instrusismo e a elaboración –xa está na súa fase final- do norma PNE 40905 sobre confección e mantemento artesanal de artes e aparellos de pesca que, entre outros obxectivos, pretende dar cumprimento ao mandato parlamentario promovido polo PP para a creación dun selo oficial que identifique e protexa desde as administracións este tipo de redes.

ENFERMIDADES PROFESIONAIS E XUBILACIÓN

Vidal Martínez-Sierra tamén lembrou que a posibilidade de establecer coeficientes redutores co fin de adiantar a idade de xubilación destas profesionais é unha competencia estatal sobre a que existe un mandato desta Cámara aprobado xa no ano 2010

Lamentou que durante todo este tempo co PSOE en Madrid esta petición caera en saco roto e sinalou que, pola contra, desde que o PP ten a responsabilidade de goberno esta a ser obxecto de estudo e valoración no seo da Comisión do Pacto de Toledo

Indicou tamén que desde Galicia teñen contribuído a este debate achegando informes que, elaborados polo Instituto de Seguridade e Saúde no Traballo identifican e argumenta a existencia das enfermidades profesionais que afectan a este colectivo e propoñen diversas medidas para a súa corrección, tratamento e recoñecmento.

AXUDAS DIRECTAS ÁS REDEIRAS

Finalmente o deputado popular lembrou as múltiples axudas directas que ao longo dos últimos anos recibiu este colectivo (entorno a 290.822 €) e que teñen contribuído a apoiar distintas iniciativas como presenza nas feiras, proxectos turísticos, obradoiros formativos, capacitación laboral, prevención de riscos e construción e arranxo de edificacións nos portos.

Por todas estas razóns entende extemporánea e improcedente a iniciativa formulada polo PSOE reclamando estes apoios que xa existen e máis cando veñen dun partido que ata o de agora ten tratado con indiferenza a este colectivo profesional