Partido Popular de Lugo

O AUMENTO DO PREZO DO LEITE PERMITIU DURANTE 2013 QUE OS GANDEIROS DA COMARCA DA SARRIA INCREMENTASEN EN 15,28 MILLÓNS DE EUROS OS SEUS BENEFICIOS

Santiago, 30 de abril de 2014.- A voceira de Medio Rural do Grupo Parlamentario Popular, Isabel García Pacín, explicou hoxe que o incremento do prezo do leite experimentado durante 2013 fixo posible que as 629 explotacións gandeiras contabilizadas na comarca de Sarria incrementasen os seus beneficios en 15,28 millóns de euros.

EVOLUCIÓN POSITIVA, NO ESCENARIO ACTUAL

Máis en concreto, os beneficios das explotacións leiteiras creceron dos 40,29 millóns de euros contabilizados no ano 2012, aos 55,58 millóns de euros que se obtiveron no 2013. Os datos reflicten a evolución positiva, acadada no escenario actual, tanto das cifras de produción como de prezos –indicou García Pacín– e son resultado de comparar os 28,42 céntimos de euros rexistrados en xullo do 2012, cos 39,20 céntimos de euro acadados como  media durante o 2013.

O voceira do Medio Rural do Grupo Parlamentario Popular quixo facer balance do último ano completo de campaña e, con este obxecto convocou unha rolda de prensa na que estivo acompañada, do secretario xeral provincial e tamén deputado, Jose Manuel Balseiro, dos deputados Ángel Camino e Jaime Íñiguez e do alcalde de Sarria, Jose Antonio García.

COMARCA DE SARRIA

García Pacín tamén fixo unha radiografía das explotacións leiteiras da comarca, 629 segundo os datos oficiais e salientou que o seu tamaño supera a media galega e provincial.

Na comarca de Sarria hai 30,44 vacas por explotación e unha produción media asignada de 225.438 quilos por granxa. Aínda tendo en conta as explotación de bovino (carne e leite) a cifra de vacas por explotación sería do 21,25 o que tamén supera a media lucense, con 18,04.

DESAPARICIÓN DAS COTAS LÁCTEAS

Pacín tamén fixo unha referencia de cara ao futuro, coa mirada posta na inminente desaparición das das cotas lácteas, e ante este reto quixo “animar aos profesionais produtores a reforzarse e a aproveitar mellor as ferramentas normativas a súa disposición para conseguir uns mellores prezos nas negociacións”.

A portavoz popular puxo en valor a importancia que hoxe teñen a Lei de cadea alimentaria e o decreto sobre o paquete lácteo, que regula os contratos, as organizacións de produtores e as interprofesionais, como instrumentos elaborados polo Partido Popular en apoio do sector.

A portavoz popular tamén aventurou que, pese as flutuacións que poidan producirse ao longo da campaña, o esperable é unha estabilidade nos prezos de orixe durante os próximos dous anos

Para finalizar García Pacín indicou que neste novo período o sector lácteo, “sairá reforzado dentro das producións axustadas, pasando as axudas actuais dos 57 millóns de euros aos 94 millóns de euros, un incremento do 63%”. Destes Galicia percibe anualmente un 50%.