Partido Popular de Lugo

BALSEIRO SALIENTA QUE O NOVO REAL DECRETO SOBRE TRIPULACIÓNS MÍNIMAS DÁ RESPOSTA A UNHA REIVINDICACIÓN HISTÓRICA DO SECTOR PESQUEIRO GALEGO

Santiago, 30 de abril de 2014.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, salientou hoxe no transcurso da formulación dunha pregunta na Comisión de Pesca do Parlamento de Galicia que a nova normativa sobre tripulacións mínimas (Real Decreto 963/2013, do 5 de decembro de 2013) dá resposta a unha reivindicación histórica e recorrente do sector pesqueiro galego.

De feito, este cambio normativo, esta chamado a poñer fin a unha problemática que se estaba a dar nos portos da nosa comunidade, como consecuencia da dificultade que tiñan moitas flotas para atopar o persoal mínimo establecido na normativa anterior para saír a realizar as faenas de pesca.

CUMPRIMENTO DUN ACORDO PARLAMENTARIO

 Balseiro tamén explicou que o novo Real Decreto sobre tripulacións supón o cumprimento efectivo dun mandato do Parlamento de Galicia que, promovido polo Grupo Popular en febreiro do ano 2013, instaba ás administracións a actualizar a normativa ata o momento vixente -e que databa do ano 1964- e na que se regulaban con evidente obsolescencia as asignacións de persoal mínimo para o despacho dos buques pesqueiros.

SEN MERMA DA SEGURIDADE

O voceiro do Mar do Grupo Popular explicou tamén que a nova normativa, que entrou en vigor o pasado mes de xaneiro e que se está aplicando con total normalidade, non supón nin unha redución da seguridade, nin na operatividade dos buques de pesca.

“O primeiro que temos que apuntar é que non ten nada que ver o feito de rebaixar ese número mínimo de tripulantes co feito de manter a seguridade das embarcacións pesqueiras. Con este número se pode dar unha atención e descanso suficientes e se estaría salvagardando a seguridade dos membros das tripulacións desas embarcacións”

Máis ao contrario, Balseiro apuntou que o novo Real Decreto fai posible adaptar á realidade presente, desde o punto de vista tecnolóxico e operativo, unha norma que databa do ano 1964 e que por incluír, incluía tamén a figura do fogoneiro, entre os profesionais de máquinas dun barco pesqueiro, profesión hoxe máis que obsoleta.

NORMATIVA CONSENSUADA

Balseiro dixo finalmente que a nova normativa nace despois dun amplo esforzo de consenso e diálogo cos principais axentes no ámbito da pesca. Entre outros, o Real Decreto foi sometido ao trámite de audiencia das asociacións profesionais e sindicais máis representativas, asociacións dos armadores e traballadores de buques pesqueiros, así mesmo, foron consultadas as comunidades autónomas litorais, entre elas, Galicia, que veu satisfeitas as súas reivindicacións.

Os populares galegos salientan o traballo da Xunta e do Goberno central dirixido a ofrecer solucións alí onde se ten constatado a existencia de problemas que afectan aos profesionais da pesca e lamentan que fora necesario que o Partido Popular accedera de novo á responsabilidade de Goberno en Madrid para facer efectivo este compromiso, dado a negativa continua e falta de interese coa que se atoparon os profesionais do mar neste ámbito entre os partidos da oposición.