Partido Popular de Lugo

Teixido di que as xuntanzas da Comisión de Seguimento “non serviron para nada” pola falta de capacidade de decisión dos representantes da Deputación

Guitiriz, 28 de abril de 2014.- O alcalde de Guitiriz, Xose María Teixido lembrou hoxe que, ata o momento, as xuntanzas da Comisión de Seguimento do pacto asinado entre a Deputación e o Concello para a execución da nova residencia, “non serviron para nada, máis ao contrario, supuxeron un retraso, pola incapacidade de resolver os asuntos que nela se trataban”.

””Como mostra da vontade de diálogo, Teixido lembra que desde o Equipo de Goberno local manteñen dúas posibles alternativas, fronte á intransixencia e inmobilidade da Deputación: ou modificar o proxecto da  Casa da Botica para que cumpra a lexislación urbanística e incorpore un centro de día, ou aproveitar os terreos situados en Parga para construír unha nova residencia.

Teixido tamén lembra que xa o pasado venres, cando se lles comunicou a convocatoria da Comisión de Seguimento, desde o Concello enviaron un escrito á Deputación, indicando que condicionaban a celebración deste encontro a manter a entrevista co Presidente da Deputación, aínda pendente.