Monterroso 28 de abril de 2014.- A voceira do PP de Monterroso, Pilar Varela, lamentou esta mañá que os monterrosinos teñan que construír Plataformas para que o alcalde os escoite.
Logo da decisión de Antonio Gato, quen anunciou retirar o plan especial si hai oposición veciñal, a popular manifestou que queda claro que no Concello de Monterroso prima a defensa ante o diálogo previo.
“Aplaudir a decisión do plan especial por mor da oposición dos cidadáns é sentir mágoa de que non se tivera en conta un diálogo previo cos monterrosinos”- manifestou.
A voceira popular tildou de arriscadas e falsas as declaracións de Antonio Gato quen afirmou que o Concello non perdía cartos se se retiraba o plan, algo que non é así, posto que o diñeiro da Xunta de Galicia é diñeiro público.
Pilar Varela puxo de manifestou que na reunión mantida cos veciños, non se lles deixou opinar, intervir nin dar a coñecer as súas posturas, cortándolles nalgunha ocasión a palabra a algún dos presentes.