Partido Popular de Lugo

Teixido pon en dúbida a vontade de Besteiro de executar a residencia cando é incapaz de responder á solicitude de entrevista

Lugo, 26 de abril de 2014.- O alcalde de Guitiriz, Xosé María Teixido, puxo esta mañá en dúbida a vontade do presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, de executar a residencia no municipio cando é incapaz de responder á solicitude de entrevista feita polo alcalde.

O popular amosouse crítico co silencio e desprezo amosado polo bipartito provincial ante as alternativas que lle foron presentadas polo equipo de goberno local para que Guitiriz conte cunha residencia. Estas propostas do Concello resúmense ou na modificación do proxecto da Casa da Botica co obxecto de que cumpra a normativa urbanística e incorpore un centro de día ou no aproveitamento dos terreos de Parga para construír alí un novo centro.

A actitude de Besteiro

Ante esta situación o popular lánzase unha pregunta: “Si Besteiro de verdade ten vontade de construír a residencia a que agarda para poñer data e hora a entrevista que lle solicitamos?”- analizou Teixido.

Dunha maneira máis concreta, o popular prantexouse que de querer que os guitiricenses conten con este centro “a que espera o socialista para modificar o proxecto da Casa da Botica e incluír o centro de día comprometido e que aparece nos planos ou ben a que espera para estudar e valorar a alternativa dun novo centro en Parga máis amplo”.

“Ou por que Besteiro non ordena corrixir o proxecto da Deputación para evitar que as futuras prazas residencias non sexan tan caras e inasumibles para  a maioría dos pensionistas e veciños”, concluíu Teixido.

O PP non renunciará á residencia

Para Teixido a actitude posta de manifesto polo socialista deixar entrever a pouca vontade de Besteiro para que os veciños de Guitiriz conten cun centro nas mellores condicións posibles.

Fronte a esta actitude do socialista, “dende o Concello defenderemos ata as últimas consecuencias que non se perda o investimento prometido pola Deputación e que ata o de agora non se executou”, matizou o alcalde popular.