Lugo 26 de abril de 2014.- O presidente do PP de Lugo e voceiro do PP no Senado, José Manuel Barreiro, participou esta mañá nun acto da Escola de Formación Manuel Fraga que tivo lugar na sede dos populares lucenses.
Na súa intervención, Barreiro afirmou que Mariano Rajoy liderou en Europa a loita polo emprego xuvenil e manifestou que o vindeiro día 25 de maio os españois temos dúas opcións: apoiar a quen nos levou a quebra (PSOE) ou depositar a confianza en quen levou a cabo a diagnose axeitada para recuperar a España do borde do precipicio.
Ante a candidata ás eleccións europeas, Carmen Pardo, da que destacou a súa formación académica e política, e ante varios representantes de NNXX, alcaldes, e demáis autoridades políticas, o líder provincial instou aos asistentes a traballar de cara os vindeiros comicios.
Instou aos mozos, a saír a rúa para explicar cal é o papel que España quere xogar en Europa e viceversa e afirmou que “temos que rebelar o que fixemos ao longo destos anos: falar do esforzo colectivo e a acción do goberno”.
“Sodes a garantía do futuro e a única maneira de afianzar esto é apoiar ao PP; tedes que saír a rúa e explicalo”- manifestou Barreiro, quen insistíu en que estas eleccións dependen de nós e témolas que traballar xa que nos xogamos o futuro de estabilidade do país.
José Manuel Barreiro mostrouse convencido de que Mariano Rajoy pasará a historia como un líder en Europa debido a súa boa xestión en momentos terribles e de verdadeiro perigo en España e manifestou que foi pioneiro en loitar polo emprego xuvenil posto que foi a Europa preocupándose por esta temática.
“En emprego xuvenil, ninguén fixo tanto como Rajoy”- manifestou Barreiro, quen lembrou que foi o primero en aparecer en Europa para preocuparse por esto.
Concluíu o presidente provincial e voceiro do PP no Senado manifestando que non podemos dar un paso atrás e asegurou que o que aconteza o 25-M, pode condicionar o futuro.
“As opcións son moi contadas: 1) populismo: que non da fortaleza nin axuda a solventar os problemas; 2) apostar polos que queren dividir o país; 3) apoiar a quen nos levou a quebra ou 4) apoiar ao PP, partido que levou a cabo a diagnose axeitada e gracias a iso España non foi rescatada.
TILDA DE IMPRUDENTES AS DECLARACIÓNS DE BESTEIRO E BLANCO EN GUITIRIZ
Logo das declaracións do Señores Blanco e Besteiro en Guitiriz, o presidente do PP de Lugo e voceiro do PP no Senado tildou de imprudentes as afirmacións do ex ministro e máis o feito de pronuncialas neste Concello da Terra Chá.
Dixo José Manuel Barreiro que o que é medible non é opinable e proba diso vese na xestión de Miguel Ángel Arias Cañete; a persoa que máis fixo polo mundo rural e cuxa xestión se ve reflectida na Política Agraria Común.
Neste senso, o popular lembrou que Arias Cañete conseguíu manter as cifras dos fondos destinados ao rural e revertir as nefastas condicións que deixou o PSOE no seu legado como negociación en Europa.