Partido Popular de Lugo

O PP de Lugo condena o terceiro caso de violencia de xénero no que vai de ano na provincia que rematou coa vida dunha muller en Foz

Lugo, 25 de abril de 2014.- O PP de Lugo, a través da Comisión Provincial de Muller, desexa facer pública a súa máis enérxica repulsa e o seu total rexeitamento ante calquera caso de violencia de cara ás mulleres.

Porén, os populares lucenses condenan o caso de violencia de xénero que rematou coa vida de María Elena Rodríguez, cuxo cadáver foi atopado onte por un dos seus fillos, xunto ao do seu home, e que segundo os primeiros indicios, todo apunta a que a matou e logo se suicidou.

A Comisión Provincial de Muller do PP lucense, coordinada pola edil no Concello de Lugo, Mari Teijeiro, reitera o seu apoio as vítimas desta lacra inhumana e fai un chamamento ás mulleres que sofren malos tratos a que presenten denuncia contra os seus agresores e a sociedade no seu conxunto para que non permanezamos impasibles ante calquera evidencia ou mostra desta violencia da que son vítimas, fundamentalmente, mulleres e nenos de calquera idade e condición social.