Partido Popular de Lugo

Balseiro amosou a súa sorpresa porque o PSOE reclame agora a residencia para Becerreá que socialistas e nacionalistas rexeitaron en 2008

Lugo, 10 de abril de 2014.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, amosou a súa sorpresa despois de coñecerse que o PSOE reclamará agora no Parlamento a residencia para Becerreá que socialistas e nacionalistas rexeitaron en 2008.

Balseiro  lembra que daquela, as forzas do malogrado bipartito (PSOE e BNG) tumbaron, co seu voto en contra, unha iniciativa dos populares que foi debatida no Parlamento de Galicia e na que se demandaba da Xunta “iniciar coa maior celeridade posible un xeriátrico neste municipio”.

HOXE A RESIDENCIA XA PODERÍA ESTAR EN FUNCIONAMENTO

O parlamentario popular sinala que o PSOE tivo na súa man poñer en marcha este centro residencial xa fai sete anos, “pero non quixo executar esta obra, privando aos veciños dunha residencia que hoxe sa podería estar en funcionamento”.

Os populares lamentan que Becerreá sufra os continuos cambios de criterio dos socialistas á hora de reivindicar esta infraestrutura tendo en conta ademais que en 2008, a poboación do concello era moito maior, “xa que nos últimos anos reducíronse en 200 o número de habitantes e xa daquela dispoñía dunha poboación envellecida”.

OPORTUNISMO

Balseiro sinala o “oportunismo enganoso do PSOE” que reclama hoxe “aquilo que boicotearon no pasado”, e pon de relevo a falta de seriedade e rigor dos socialistas incapaces de defender os intereses dos veciños de Becerreá cando teñen que facelo ante un goberno da súa mesma cor política pero “excesivamente belixerantes contra o PP”, a pesar de ser a Xunta actual a que maior investimento ten executado neste concello en termos comparativos, “só nos últimos cinco anos un 147% máis que co bipartito”.

MARTINEZ

A Balseiro tamén lle chama a atención que durante todo este tempo o alcalde de Becerreá, o socialista Manuel Martínez, que presume de ser unha das persoas que ten poder de decisión na Deputación, non fora quen de incluír a Becerreá entre as localidades nas que a administración provincial constrúe residencias, como si acontece noutros moitos puntos. Indica tamén que, a diferenza do cambio de criterio do PSOE, o Grupo Popular será respectuoso e coherente coa postura adoptada en 2008.