Lugo 01 de abril de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular tacha de alarmante a baixa execución do orzamento da Deputación de Lugo para o ano 2013, que é de 59,14%. Así o denunciaron os populares despois de que hoxe se dese conta en pleno do estado de liquidación das contas da Deputación a data 31 de decembro de 2013.
Ao peche do exercicio económico a Deputación de Lugo non foi quen de executar o 40% do previsto, o que implica que na realidade, os investimentos contemplados nos seus orzamentos son pouco máis que papel mollado.
Este baixo nivel de execución orzamentaria proba a ineficacia coa que actúa o equipo de goberno da Deputación de Lugo, feito que lle debería explicar a todos os lucenses.
A maiores de non rendabilizar o orzamento do que dispón, o presidente provincial é contrario ao traballo conxunto e ao apoio a propostas do GPP que redundarían no beneficio de concellos e veciños.
Negativa á proposta das taxas
Neste senso, os populares non entenden que Besteiro se negase á proposta de constitución dunha mesa de traballo para revisar as ordenanzas fiscais que regulan as autorizacións de obra e outros aproveitamentos situados en zonas contiguas ás carreteras provinciais e as tasas por utilización privativa e o aproveitamento especial dos bens de dominio público provincial.
Dende o GPP consideran que co voto en contra a esta iniciativa os populares están a eludir a revisión dunhas taxas que redundarían no beneficio dos concellos e dos sectores máis importantes da provincia.
Os populares entenden que se debería estudar con detemento estas taxas co obxecto de que se aclararan conceptos como o feito impoñible das taxas; se simplificaran ou se modificaran situacións como que coste máis a tasa por permiso que por utilización do terreo público; ou o estudo de exencións a administracións públicas e diferenciación dos servizos públicos cos servizos en beneficio (gas, electricidade, telefonía…).
O obxectivo é que estes taxas fosen o menos gravosas posibles para os municipios, polo que o voto en contra a moción, implica que “eles serán os responsables dos seus propios erros”.
Campaña Besteiro
O GPP denuncia a campaña iniciada por Besteiro durante as sesións plenarias ao dar conta só de asuntos que rendibiliza políticamente mentres elude outros propostos polo PP e evita posicionarse sobre as mocións a debate.
Os populares lembran que presentaron un rogo para que se dera conta en pleno das setenzas que dan a razón aos aspirantes que viron irregular a selección de persoal do Plan Lugo Emprega, ao igual que fixeran con outros procedementos xudiciais.
Porén, Besteiro desatendeu a petición rexistrada polos populares; mentras “sesión tras sesión está a incluír no pleno que se dea conta de asuntos que lle resultan de interese”.