Lugo 01 de abril de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular censurou durante o trascurso da sesión celebrada esta mañá a demagoxia que o PSOE e BNG está a facer coa situación difícil que sofren os gandeiros da provincia.
O deputado José Pardo deixou de manifesto a implicación do Partido Popular co sector agrogandeiro galego e matizou que “claro que nos gustaría que as contías destinadas a estes fins foran moito maiores”; porén nunca “nos poñeremos do lado de iniciativas que ademais de amosar descoñecemento polo sector, utilizan politicamente aos traballadores do campo”.
O PSOE e o BNG non están lexitimados para falar
Os datos deslixitiman a socialistas e nacionalistas a falar das axudas a gandeiros e neste senso Pardo explicou que foi o goberno do PP o que máis cartos con fondos propios aportou para contribuír a viabilidade do sector en tempos difíciles. “Só no ano 2009 achegáronse máis de 20 millóns de euros de fondos propios ao lácteo en axudas diversas para paliar a crise que afrontaba o sector pola caída dos prezos”.
A vontade de apoiar ás razas autóctonas por parte da Xunta está clara
O deputado popular explicou que a Xunta de Galicia sempre tivo a vontade de apoiar as razas autóctonas como queda claro, por exemplo, nas cifras de evolucións da cabana de diferentes especies. “Nos últimos anos incrementáronse en máis dun 50% os censos de vacas Morenas Galega o Ovella galega”, matizou Pardo.
E mesmo nos últimos Consellos da Xunta, a Consellería destinou 140.000 euros a colaborar co INORDE no impulso das razas gandeiras autóctonas en perigo de extinción; así como asinou un convenio coa Federación de Razas Autóctonas de Galicia.
A Xunta ten vontade de apoiar as razas autóctonas no PDR futuro
“No PDR actual contémplanse axudas para razas autóctonas dentro das axudas agroambientais, que tamén se van contemplar no futuro PDR; no PDR actual tamén existen axudas para razas autóctonas en perigo de extinción, que tamén se van implementar no futuro…”, enumerou Pardo.
Despois, “existen axudas ás razas autóctonas en extensivo, ás que vostede refiren na moción, que non son do PDR e que se xestionan con fondos propios do 100% do Ministerio”; explicou o popular, ao que engadiu “que unha vez máis se demostra que os socialistas e nacionalistas non coñecen a realidade do sector, nin as orixes das axudas”.
Esta última axuda regúlase por unha orde aprobada polo bipartito, que está supeditada a disposición orzamentaria, “que eles mesmos estableceron e que nos preguntamos se tanto lles preocupan os gandeiros por que non deixaron os fondos establecidos, para que esta partida non se vise reducida”, matizou Pardo.