Ribadeo 24 de marzo de 2014.- O presidente do PP de Ribadeo, Jesús López Penabad, instou a Suárez Barcia a que aparque a demagoxia e non saque as cousas de contexto no tocante ao pavillón polideportivo de Ribadeo.
Respondeu López Penabad, ás declaracións verquidas polo rexedor e asegurou que dende o primeiro momento apoiou o proxecto de remodelación do pavillón de Ribadeo porque estaba en ruínas e sen actividade e necesitaba dunha reparación urxente, e aclarou, que cuestiona o reparo, porque custou máis de dous millóns de euros e a infraestructura é limitada, posto que o aforo é moi escaso e non cumpre coas condicións mínimas que piden tanto para fútbol sala como para baloncesto profesional.
“O pavillón necesitaba dun reparo urxente e nos apoiamos a remodelación da infraestructura”- manifestou o popular, quen aclarou que “o que criticamos é que se gastaran máis de dous millóns de euros e o pavillón conte cun aforo limitado. Queremos que se fagan as cousas pero que se fagan ben, non que se deixen incompletas e coxas”.
López Penabad explicou que o pavillón conta cun aforo de 500 persoas, moi escaso para poder cumprir coas condicións mínimas que piden tanto para fútbol sala como para baloncesto profesional e asegurou que si os equipos ribadenses ascenden, a infraestructura non cumpriría, ou si as localidades veciñas o solicitan, tampouco poden facer uso do mesmo.
O popular xustificou con datos que o pavillón resulta limitado e explicou as condicións e requisitos de aforo que teñen que cumplir estas infraestructuras en sendos deportes:
AFORO- FÚTBOL SALA
En poblacións con menos de 50.000 habitantes (caso de Ribadeo)
Primeira división: o aforo mínimo é de 1.5000 espectadores
Segunda división: o aforo mínimo é de 700 espectadores
*En primeira división é convinte gradas nos dous laterais do campo, cunha capacidade mínima de 500 espectadores cada unha.
AFORO- BALONCESTO
Liga Adecco Oro: 3000 espectadores
Liga Adecco Plata: 2.000 espectadores
Liga femenino Baloncesto y Liga femenina 2: 800 espectadores
Concluíu López Penabad, afirmando, que no que atinxe aos baños, referiuse a estes en ton sarcástico e irónico, posto que Suárez Barcia, esquece continuamente os elementos básicos e claves, e proba diso, vese no pavillón, onde por non ter, non tivo nin presente o aforo.