Rábade, 21 de marzo de 2014.- A presidenta e voceira do PP de Rábade, María Luisa Macía, instou a Fernández Montes a facer as xestións necesarias para que as familias do municipio conten cun lugar para deixar os seus fillos antes do horario escolar e compaxinar así a vida familiar e laboral.
Macía lembra que na pasada sesión plenaria, a edil popular, Remedios González, formulou un rogo interesándose por este tema e o Señor Fernández Montes, que descoñecía este tipo de servizos, comprometeuse a xestionar este tema.
“Os proxenitores rabadenses, que están no mercado laboral, teñen que saber se poderán contar cun lugar para deixar os seus fillos antes das 8:00 da mañá”- manifestou a popular.
A popular afirmou que o alcalde ten que implicarse e satisfacer a demanda das familias, que debido ao seu horario laboral, precisan dun lugar para deixar aos cativos antes de ir a escola.
Concluíu María Luisa Macía afirmando que concellos veciños contan con centros que lles permiten os proxenitores cubrir esta necesidade polo que quere saber, de maneira inmediata, se Fernández Montes se vai a unir á iniciativa destas localidades ou pola contra, vai seguir privando ás familias de algo fundamental.