Partido Popular de Lugo

BALSEIRO INTERÉSASE NO PARLAMENTO POLO REPARTO DE COTAS DA XARDA E DO XURELO NO CALADOIRO NACIONAL CANTÁBRICO

Santiago de Compostela.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, interesarase na sesión prevista para mañá da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia, polo reparto de cotas das principais especies peláxicas, isto é, da xarda e do xurelo no caladoiro nacional do cantábrico.

A iniciativa debaterase un día despois da reunión prevista entre a Consellería do Medio Rural e do Mar e os representantes do cerco para abordar o reparto da xarda. O voceiro popular quixo facer hoxe un chamamento ao diálogo e responsabilidade entre o conxunto do sector, para que supere as súas diferenzas, ante a necesidade de acadar un acordo co que se evite perder a campaña deste ano.

O voceiro popular lembrou tamén que, no caso da xarda, tras dous meses de negociacións foi posible acadar un acordo con Noruega que incrementa en máis do dobre a cota inicialmente prevista e lembrou que agora corresponde ao sector establecer o plan de xestión que queren aplicar en Galicia para o reparto das posibilidades de pesca.