Partido Popular de Lugo

O GPP solicita acceso ás certificacións e facturas da obra de acondicionamento do edificio para sede do centro asociado da UNED

Lugo, 15 de marzo de 2014.- O Grupo Provincial do Partido Popular presentou esta mañá no rexistro da Deputación de Lugo un escrito no que solicita acceso ás certificacións e facturas aboadas relativas á obra de acondicionamento do edifico para sede do centro asociado da UNED, en Lugo.

Esta trátase da primeira dunha larga lista de solicitudes que de forma paulatina presentará o Grupo Provincial do Partido Popular para ver cada un dos proxectos de obras sobre os que teñen dúbidas.

Os populares só buscan cumprir coas súas labores de control e fiscalización de goberno, tal e como fixeron ata agora en outras obras tras ter constancia da existencia de posibles irregularidades. É o caso, exemplifican os populares, da piscina de Monterroso, de obras presuntamente pagadas sen executar, ou da estrada de Alto do Valiño por Vilaxuste a Valdeporrás (Portomarín), que estuda a Fiscalía.

Obra do centro asociado da UNED

Os populares explican que a redacción, proxecto e obra de acondicionamento do edificio para sede do centro asociado da UNED se aprobara en Xunta de Goberno de sete de outubro de 2011.

Dous anos despois, o equipo de goberno da Deputación Provincial de Lugo, en Xunta de Goberno de 27 de decembro de 2013, aproba a modificación do convenio para a cesión do uso do edificio nº1 do complexo do Miño con destino á sede do centro asociado da UNED. Esta cambio prodúcese ao estimarse necesaria unha ampliación económica ata completar o custo total da execución das obras.

Deste xeito, na mesma Xunta de Goberno apróbase o proxecto completo por un importe que supera os 2,02 millóns de euros (IVE incluído). Neste senso, aos populares xórdenlle dúbidas, polo que requiren ter acceso a toda a documentación para coñecer as razóns que motivaron esta situación.