Partido Popular de Lugo

Candia: “Moi poucos argumentos debe ter Besteiro para xustificar a súa actuación decindo que fai o mesmo que Cacharro”

Lugo 13 de marzo de 2014.- Logo das declaracións verquidas pola Vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez, a voceira do GPP, Elena Candia, afirmou que “moi poucos argumentos debe ter Besteiro para xustificar a súa actuación decindo que fai o mesmo que Cacharro”.

O GPP lémbralle a Gómez Besteiro que o seu partido calificaba as actitudes de Cacharro como “corruptas, clientelares e caciquís” e agora él, aplaudeas e tómaas como exemplo.

Di a popular que as únicas explicacions que deu Lara Méndez, foron facendo un paralelismo a fai preto de 30 anos, polo que moi pouco ten que decir para defender a súa actuación.

A popular criticou que Besteiro derivase estas explicacións na Vicepresidenta da Deputación de Lugo, posto que “debería ser él quen respondese e dese a cara ante esta actuación”.

O GPP lamenta que ante unha pregunta tan concreta de porqué dende que se denunciou o pago de comidas a sindicalistas se oculta o concepto das facturas nos decretos de Presidencia e as repostas sexan evasivas con titulares que non están respaldados con feitos.

Concluíu Elena Candia manifestando que a facilidade do acceso a información é outra das faltas de verdade que se detectan na explicación da Institución e lembroulle a Besteiro que analizado tan só o ano 2014, só se lle fixo entrega do 13% da documentación solicitada.