Partido Popular de Lugo

O PP de A Pobra de Brollón cualifica de chapuza as obras levadas a cabo pola Deputación en estradas municipais

Pobra de Brollón, 12 de marzo de 2014.- O voceiro do PP en A Pobra de Brollón, Fernando Parada, cualificou esta mañá de chapuza as obras levadas a cabo pola Deputación en varias estradas municipais desta localidade.

“Non pasaron nin dous meses de cando un equipo de riego da Deputación de Lugo estivo levando a cabo labores de reparación, e a día de hoxe, xa se atopan repletas de fochancas”- denunciou o popular, quen lamentou a ineficacia do Organismo Provincial á hora de acometer estas labores.

Di o popular que estas chapuzadas mostran a ineficacia da Deputación de Lugo e repercuten seriamente no peto dos contribuíntes quenes, pagan estas construccións e sen embargo, días despois teñen que sufrir novamente o seu penoso estado e, o máis grave, expoñerse a un perigo considerable ao pasar polas  mesmas.

Fernando Parada manifestou que as calzadas máis prexudicadas son a Rúa A Peza, a pista de Brollón e a calzada que transcorre dende Pereira á estrada de Salcedo, unhas estradas, dixo, que son moi estreitas e que a día de hoxe volven a presentar numerosas fochancas e “gravilla” solta.

Concluíu o popular urxindo á Deputación a volver á zona e reparar “como é debido” estes desperfectos e deterioros e instou ao rexedor, Xosé Luis Maceda a velar polos seus veciños e non permitirlle aos seus socios de goberno estas chapuzadas, posto que os cidadáns non poden expoñerse a este perigo constante nin soportar esta situación.