Partido Popular de Lugo

O PP de Monterroso reparte caraveis ás mulleres emprendedoras da vila

Monterroso, 8 de marzo de 2014.- A voceira do PP de Monterroso, Pilar Varela, acompañada de representantes da agrupación local conmemoraron o Día Internacional da Muller.

 

Dende as 11:00 ata as 13:00 horas, e cun acto simbólico, as populares entregaron un caravel branco a cada muller emprendedora da vila, en sinal de recoñecemento polo seu esforzo, tenacidade e contribución ao crecemento económico do Concello.

A voceira dos populares puxo de manifesto que cada vez son máis as mulleres que deciden poñerse á fronte dun negocio e mostrou a súa satisfacción posto que continúa aumentando a presenza de mulleres na xeración de novas iniciativas emprendedoras.