Fonsagrada 3 de marzo de 2014.- O voceiro do PP na Fonsagrada, Tobías Martínez, anunciou esta mañá que o seu grupo propón crear o museo do cine no antigo edificio do Concello.
Porén, o voceiro popular, ven de rexistrar unha moción para debater na vindeira sesión plenaria, onde insta ao rexedor, a ceder o antigo edificio do Concello para a creación do museo do cine.
O popular destacou a importancia desta iniciativa e afirmou que dito museo sería pioneiro no Norte de España xa que “no noso país tan só existe un en Xirona e outro en Almería pero ningún dos dous contan co material que se pode expoñer nesta iniciativa posto que temos o privilexio de contar coa cesión, para dito museo, da colección de máis de dúas mil pezas, cedida polo fonsagradino Julio Fernández, dono da productora de cine Filmax”.
“En dito museo poderíamos contemplar unha exposición das diferentes etapas do cine, desde o comezo en branco e negro ata a etapa actual, pasando polas diversas tecnoloxías”- manifestou Tobías Martínez, quen resaltou a importancia da colección de Julio Fernández, xa que conta con máis de dúas mil pezas, onde priman os proxectores e todo tipo de cámaras, así como os 6 Goyas recibidos polo seu traballo no cine, a gran colección de cine infantil ou o mundo do Quixote, feito soamente por esta productora e de fama internacional.
En dita moción, os populares tamén piden crear unha comisión, para facer un estudo en tempo e forma de cómo adaptar o edificio, así coma, formalizar un contrato co productor.
A FONSAGRADA E O SEU POTENCIAL TURÍSTICO
Consciente de que cada día son máis os cidadáns que visitan A Fonsagrada, o voceiro dos populares considera necesario intentar que a súa estancia sexa o máis longa posible, polo que “temos que ofrecerlle diferentes alternativas a estos visitantes, tales coma a visita o museo etnográfico”.
Tobías Martínez afirma que existe toda unha oferta de rutas de senderismo, con un variado abano de posibilidades de visita a bosques de castaños e carballos centenarios, vales, montañas, pobos, seimeiras con especial mención a de Vilagocende que ten unha das caídas máis altas de Galicia.
No tocante á gastronomía, o popular asegura que está totalmente consolidada en produtos da zona, como o butelo, ternera, porco celta, caza e tamén o polbo.