O Valadouro, 26 febreiro de 2014.- O presidente do PP de O Valadouro, José Manuel Lamela, tildou ao rexedor de “cara dura” e de non ter un mínimo escrúpulo a hora de mentir.
Logo das declaracións verquidas polo rexedor de O Valadouro, Lamela manifestou que os veciños deste Concello mariñán non merecen un alcalde que minte coma un cosaco e non se pon nin colorado á hora de facelo.
“As declaracións de Maseda que aparecen recollidas hoxe nos medios de comunicación, son totalmente falsas”- afirmou Lamela, quen deixou moi claro que a día de hoxe, o rexedor, nin respondeu nin facilitou a información que solicitaron os populares fai máis dun mes.
“Pedimos información dende fai máis dun mes no tocante ao kilometraxe e ao contrato dun asesor pero a día de hoxe, non obtiveron resposta ningunha”- manifestou Lamela quen instou a Maseda a deixar a un lado a demagoxia.
Neste senso o presidente dos populares, deixou moi claro que a súa agrupación non lle recrima a Maseda as dietas nin o cobro do kilometraxe, senón que o que lle recrima é o cobro pola asistencia a unha mesa de contratación cando non pode por ter dedicación exclusiva.
Lembra Lamela que a Lei impídelle aos cargos políticos con dedicación exclusiva, recibir abonos complementarios por asistir a mesas de contratación ou participar noutros órganos colexiados.
DE ONDE SAEN ESES 500 MIL EUROS
José Manuel Lamela afirmou que os populares non interpuxeron ningún recurso tal e como di o Señor Maseda e no tocante a subvencións, di ter constancia tan só dunha axuda que concedeu a Deputación de Lugo, por valor de 275 mil euros, para a posta en marcha dunha escola de horticultura e que o Concello ten que poñer 60.000 euros, polo que instan a Maseda a que explique de dónde saen eses 500 mil euros dos que fala.